O vindeiro martes 12 de xuño, a Concellaría de consumo que dirixe a nacionalista Rocío Sampedro Díaz, ten organizada unha asemblea informativa sobre “Participacións preferentes e outros produtos tóxicos de aforro”. A xornada terá lugar no Pazo de Vila Melania, ás 19:00 horas.
A actividade, aberta a todo o público, lévase a cabo en colaboración coa Asociación de consumidores especializada nestes temas ADICAE (Asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros), e contarase, en calidade de relatora, coa técnica de consumo da devandita organización Verónica Pazos Sánchez.
O Punto municipal de información ao consumidor ten coñecemento de moitos casos de persoas afectadas no concello, e para todos eles é bo coñecer cal é a resposta que da ADICAE para poder solucionar o problema. Anímase tamén á participación da cidadanía en xeral para coñecer este tipo de produtos e previr o non contratalos polos riscos que conlevan.