A Concellaría de Sanidade de Culleredo, en colaboración coa Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA), organizan a Xornada formativa: “Por responsabilidade, coñece a celiaquía”. A iniciativa tenta achegar ao sector hostaleiro e ao persoal de comedores dos centros públicos escolares do municipio, o coñecemento desta enfermidade e da dieta libre de glute como tratamento eficaz da mesma.
Os participantes recibirán unha acreditación de asistencia e os establecementos que o desexen poderán asinar un compromiso de colaboración con ACEGA, e recibirán o selo “Tamén sen glute”, un valor engadido para o seu negocio.
A Xornada desenvolverase o vindeiro día 18 de xuño no Pazo de Vila Melania, no horario de 16:30 a 19:00 horas, e contará como relatoras coa presenza de María Teresa García Fernández e María José Varela, ambas especialistas na materia.
A actividade conta tamén coa colaboración da Asociación de Empresarios de Culleredo, as Anpas municipais e a Herboristería Trebol.
Desde o Concello anímase a hostaleiros e persoal de comedores a participar da iniciativa. Ten un carácter gratuíto. A inscrición poderá formalizarse chamando ao teléfono do departamento municipal de Sanidade (981.654570). O número de prazas é de 50.