Culleredo recibe unha furgoneta para servicios municipais

O Concello de Culleredo incorpora un novo vehículo á frota municipal. Trátase dunha furgoneta, con capacidade para 8 persoas, que o Concello recibe froito dun acordo cunha empresa, que o doa grazas ás achegas económicas obtidas de marcas que poñen publicidade na carruaxe.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, presentou o novo vehículo, que será destinado para efectuar distintos servizos municipais. Entre eles atoparanse especialmente os dedicados ao sector social, como o transporte de persoas con discapacidade.

A furgoneta non lle custa nada ao Concello, que só terá que asumir os gastos de funcionamento. Entre as empresas que colaboraron economicamente pondo publicidade atópanse varias do municipio, como Coruña The Style Outlets. O seu xerente, Javier Torralba, tamén asistiu ao acto de entrega, celebrado diante da casa consistorial.

Sacristán sinalou que esta fórmula, xa realizada en Concellos como Carballo ou Cerceda, propiciará un "importante aforro" ás arcas municipais. Como mínimo, entre a redución en gastos de transporte e de renting, o aforro pode roldar os 2.000 euros ao mes.

O rexedor agradeceu a colaboración das empresas "a pesar das dificultades económicas actuais" e anunciou que o Concello porá a funcionar a furgoneta de forma inmediata.
 

 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina