A Concellaría de Consumo inicia unha campaña de información cidadá sobre as novas tarifas de abastecemento de auga e saneamento do Concello, facendo fincapé na explicación sobre a lectura do novo recibo de suministro, que proximamente recibirán os veciños e veciñas de Culleredo.
A primeira charla informativa desenvolverase o 20 de xuño, ás 19.00 horas, no Edificio municipal de servizos múltiples do Burgo.
Na actividade colabora a Concellaría de Medio Ambiente e a empresa concesionaria Gestagua. O relator será Carlos Berroy Laguna, xerente da devandita empresa.