O Concello de Culleredo abre unha liña de colaboración e apoio cos afectados polas preferentes. Así o concretaron os responsables da Plataforma de Afectados por Preferentes e Subordinadas, que foron recibidos na casa consistorial polo alcalde, Julio Sacristán, e a primeira tenente de alcalde, a nacionalista Raquel Jabares.
O goberno local amosou o seu máximo apoio aos afectados na loita que están levando a cabo polos seus dereitos. Xa o pleno aprobou no mes de marzo pasado unha moción de respaldo a situación destas persoas. Agora, o Concello de Culleredo e a plataforma establecerán unha canle de comunicación continua para colaborar no que sexa posible.
Jabares explica que ademais o Concello “apoiará de forma explícita” a convocatoria de manifestación realizada pola plataforma para o vindeiro 3 de febreiro. “Somos a administración máis cerca do cidadán e queremos ser sensibles coa situación inxusta para estas persoas”, afirma.
A primeira tenente de alcalde desvela que se venderon preferentes nas tres oficinas que tiña a caixa de aforros en Culleredo, aínda que non se pode cuantificar o número de veciños afectados.
Pola súa banda, a portavoz da plataforma, Ana María Cedeira, agradece a atención e colaboración ofrecida desde o Concello. “Necesitamos o apoio do maior número de institucións”, sinala, admitindo que dentro de esta labor tamén se atopa o necesario apoio moral.
A portavoz espera que no resto de Concellos da comarca atopen unha disposición similar á de Culleredo.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER