O Concello de Culleredo leva hoxe a pleno a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal, documento que ordena o crecemento do municipio. Unha vez aprobado polo pleno municipal, procederase á publicación do anuncio no DOG, tras o que se procederá a abrir o período de información pública por dous meses e a dar audiencia aos Concellos limítrofes.
Ao mesmo tempo, o Concello de Culleredo solicitará os informes sectoriais necesarios que haberán de ser emitidos no prazo dun mes, salvo que a lexislación sectorial sinale outro prazo.
O alcalde, Julio Sacristán, explica que o Plan Xeral de Culleredo é un instrumento urbanístico complexo, tendo en conta a centralidade do municipio respecto da área metropolitana e da cidade. Culleredo é territorio de paso dunha serie de infraestruturas: gasoduto, oleoduto, autoestrada, autovía, aeroporto, ferrocarril, ribeira do mar, e o abastecemento de auga á cidade, infraestruturas todas elas que xeran unhas servidumes importantes que afectan os predios e solares, e que obrigan a cumprir unha serie de determinadas sectoriais importantes que complican a ordenación e xestión do chan. Practicamente o 50 % do territorio ten algún tipo de servidume.
O documento do plan analiza minuciosamente a realidade de Culleredo, tanto a nivel de pirámide poboacional, como de infraestruturas, equipamentos, sistemas xerais e locais, as súas debilidades e fortalezas, a ocupación do chan, as zonas forestais e agrarias, os núcleos de poboación, os asentamentos poboacionais, en número de 58.
A partir da análise desa realidade tenta achegar solucións para o crecemento dos núcleos, os novos equipamentos, as infraestruturas varias, os servizos básicos e un estudo económico-financeiro que o soporta, de cara a conseguir os seguintes obxectivos:
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER