O Concello de Culleredo contará no ano 2013 cun forte investimento para a realización de obras ao longo do municipio. Serán un total de 26 actuacións, que se executarán a través de diversos planes e de financiamento municipal, sumando unha contía total de 1.452.220,97 euros.
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, apunta que o factor común de todas estas actuacións atópase en que son traballos “necesarios”, programados en torno ao detectado polos servizos municipais e ás demandas trasladadas polos veciños.
O primeiro edil explica que a decisión do equipo de goberno consistiu en “centrar os esforzos económicos nas principais prioridades para os cidadáns, é dicir, os servizos básicos”. Así, a mellora na ampla rede viaria local centra sobre a metade do investimento (uns 750.000 euros). Con estas actuacións, o Concello repara os deterioros surxidos co paso do tempo nas estradas de diferentes parroquias e núcleos urbanos.
Na programación destas obras atópase a mellora de importantes viais, coma a rúa do Polvorín, que permite a conexión entre A Zapateira e Vilaboa, diversas reparacións nas rúas peonís do Burgo, foco comercial do municipio, ou a pavimentación en rúas entre O Burgo e Vilaboa coma Cordeda.
A mellora da seguridade para os peóns tamén leva unha importante contía. O Concello efectuará reparacións en xeral das beirarrúas. Ademais, mellorarase a ponte peonil sobre a ría, moi transitada por paseantes ou deportistas, e a senda peonil da Corveira.
En canto a servizos para o cidadán, prográmase a creación dun aparcadoiro no xardín botánico ou a mellora do centro social de Celas. O incremento do saneamento e a mellora do abastecemento de auga é outra das prioridades do Concello.
OBRAS INCLUÍDAS NO PLAN DTC-94
TOTAL: 327.733,88
FINANCIACIÓN LOCAL
TOTAL: 378.119,69
POS 2012
TOTAL: 336.117,73
POS 2013
TOTAL: 410.249,72
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER