O Concello de Culleredo iniciou o período de exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que foi aprobado de forma inicial polo pleno da corporación o pasado 31 de xaneiro e cuxo anuncio de aprobación apareceu publicado o xoves 14 de febreiro no Diario Oficial de Galicia.
O Plan exponse na Casa dos Caseiros, situada en Villa Melania (Vilaboa). Estará a disposición dos veciños polo período de 2 meses días. Para facilitar ao máximo o acceso á información, o Concello abrirá a dependencia mañá e tarde. O horario de atención ao público será de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00.
O Concello instalou unha serie de paneis cos diversos planos de información, clasificación e xestión do chan, e dous computadores para que se pode visualizar o Plan. Igualmente, disporá de copias completas de toda a documentación do PXOM para a súa consulta.
Os veciños e interesados en xeral poden solicitar copias ou plano do Plan Xeral aos funcionarios municipais que atenderán dita exposición, previo pago das taxas que corresponden segundo a ordenanza. Así mesmo, na páxina web municipal pódese consultar o PXOM, que está a disposición dos usuarios mentres dure a información pública.
Ademais desta exposición pública permanente en Vilaboa durante estes dous meses, o Concello celebrará reunións en todas as parroquias para explicar o Plan. O calendario previsto de reunións é o seguinte:
Ao longo do proceso de exposición pública, o goberno municipal que preside Julio Sacristán, previa petición dos particulares, está disposto a celebrar reunións con todos aqueles que desexen achegar ideas para mellorar o Plan ou desexen realizar calquera proposta de mellora da ordenación ou xestión do solo.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER