O Concello de Culleredo celebrou hoxe o seu Pleno Xuvenil, conformado por 123 alumnos de 4º de ESO do IES Eduardo Blanco Amor. Tratouse da segunda edición da actividade, nacida o ano pasado, e concebida para dar a coñecer o sistema democrático da administración municipal aos mozos.
A corporación xuvenil estivo conformada polos concelleiros, representantes das diferentes clases do curso, e o alcalde xuvenil, Gonzalo Blanco Mantiñán, que dirixiu a sesión asesorado polo alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, e a concelleira de Educación, Carmen Varela.
Os concelleiros aprobaron mocións para propoñer a creación dun centro xuvenil, a mellora do transporte metropolitano ou a apertura dun banco de alimentos.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER