Culleredo propón á Deputación unha permuta de estradas antes da aprobación do Plan Xeral

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, recibiu ao presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, para asinar o convenio entre as dúas institucións para o financiamento da vivenda tutelada de Culleredo. No acto, os dous mandatarios repasaron os diferentes ámbitos de colaboración que manteñen as dúas entidades e o alcalde avanzou o interese do Concello en acordar unha permuta de estradas antes da aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, actualmente en fase de exposición ao público.

O Concello aposta por intercambiar a xestión de varias estradas coa Deputación da Coruña por criterios de lóxica como o servizo que ofrecen aos usuarios. É dicir, existen estradas provinciais que no seu día realizou a Deputación pero que hoxe en día forman parte da trama urbana municipal. E viceversa, hai estradas xestionadas polo Concello pero inmersas en treitos de viarios da Deputación.

No primeiro grupo atópanse, entre outras, a rúa Ferrocarril (O Burgo), a rúa da Paz (Fonteculler) ou a rúa San Iago (Almeiras), de xestión provincial. No segundo, o acceso a Monte Xalo.

En Tarrío, o Concello aposta por realizar varias transferencias. O Concello recibiría a rúa que pasa por diante do consistorio, mentres que a nova variante de Tarrío, incluída no PXOM, sería da Deputación dado que daría continuidade ás vías provinciais de Tarrío a Celas e a circunvalación do aeroporto, conectando ambas.

O alcalde explicou que xa se remitiu o PXOM aos servizos técnicos provinciais a efecto de que analicen a proposta. Sacristán considera que esta permuta é lóxica e realízase no momento oportuno, na fase de alegacións ao documento urbanístico, polo que espera alcanzar un acordo, no que coincidiu Calvo.


Vivenda tutelada

A vivenda tutelada, que os servizos sociais de Culleredo xestionan desde 1990, acolle a mulleres en situación de malos tratos ou risco de exclusión social e aos seus fillos. Está mantida por Deputación, Xunta e Concello.

O primeiro edil agradeceu a Calvo a achega provincial para manter unha dependencia social, que dá servizo a mulleres nestas situacións tanto de Culleredo como doutros municipios galegos. "Este é dos mellores investimentos que se poden facer hoxe?, asegurou Sacristán.

Calvo destacou os bos resultados da vivenda tutelada e afirmou que a Deputación seguirá apostando polo seu financiamento.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina