Culleredo executa un plan de mellora da rede de saneamento

O Concello de Culleredo executa obras de mellora no sistema de tratamento das augas residuais do municipio para continuar co seu traballo de caraao saneamento integral do municipio. Son actuacións emprendidas pola empresa adxudicataria do servizo municipal de saneamento, concesionado o ano pasado.

O Concello incluíu no prego de condicións a realización de diferentes melloras a cargo da empresa. O orzamento destas actuacións rolda os 360.000 euros, todo achegado pola propia empresa concesionaria.

Os proxectos abarcan distintos aspectos da rede de saneamento, desde a mellora de colectores, a separación das augas pluviais da rede de sumidoiros ou a dotación de equipamentos nas estacións de bombeo situadas xunto á ría.

Nestes momentos, as obras localízanse na parroquia de Almeiras, na rúa Bo Home. Alí estase construíndo a rede de recollida de pluviais, evitando por tanto que a auga da choiva se introduza na rede de saneamento ao estar separadas.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, resalta que con esta intervención e varias similares que contempla este plan corrixiranse conexións da rede de pluviais ao saneamento que, aínda que loxicamente non causaban ningún problema ambiental, sobrecargaban o sistema de forma innecesaria ao introducir auga limpa no tratamento de fecais.

De feito, o Concello estima que esta separación de redes poderase aforrar o bombeo duns 500.000 metros cúbicos de auga ao ano, e por tanto un importante aforro económico, dado os custos enerxéticos e de mantemento que supuña esa carga.

O plan de mellora do saneamento consta de 11 actuacións. Até o momento completáronse as seguintes:

  • Instalación de baterías de condensadores reactivos nos bombeos de Fonteculler, Acea de Ama e Alvedro
  • Melloras nos autómatas e telecontrol dos bombeos residuais de Fonteculler, Acea de Ama e Alvedro
  • Instalación de novos impulsores en tres bombas da estación de Acea de Ama
  • Eliminación de conexión de pluviais a fecais na rede do polígono industrial de Alvedro, na rúa José Espronceda
  • Eliminación dunha conexión de pluviais a fecais en Ledoño


En execución:

  • Instalación de rede de pluviais na rúa Choeira e Bo Home de Almeiras
  • Rehabilitación do colector xeral de saneamento en Valiñas e de Celas a Ledoño. (Obra completada nun 50%, á espera de boas condicións climatolóxicas para continuar)


Próximas actuacións:

  • Instalación da rede de pluviais na rúa San Xiao, Almeiras
  • Instalación de rede de pluviais, para a súa separación da rede de fecais, nas rúas Ameneiro e Carballo, parroquia de Almeiras
  • Instalación de alarma de intrusión no sete bombeos residuais
  • Instalación dun novo sistema de desbaste na estación de bombeo de Fonteculler

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina