O Concello de Culleredo estrea aplicación municipal para móbiles. Trátase do primeiro Concello galego en apostar por o desenvolvemento desta iniciativa, que permitirá ao cidadán un acceso inmediato á información municipal, así como interactuar co goberno local.
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, presentou hoxe a aplicación, acompañado de responsables da empresa que a desenvolveu. De entrada foi elaborada para dispositivos Apple, nos que xa está en funcionamento pleno, pero nas próximas semanas estará a disposición tamén de terminais Android.
A aplicación consta de seis apartados fundamentais:
A aplicación complétase cun apartado sobre o Plan Dinamo, financiado con fondos europeos FEDER, programa que propiciou este desenvolvemento.
Ademais, conta con información sobre o estado meteorolóxico de Culleredo e unha saúda do alcalde.
O alcalde recoñeceu sentirse “orgulloso” de que Culleredo sexa pioneiro, entre os Concellos de Galicia, en contar cunha aplicación destas características. “Coido que terá unha grande aceptación entre os veciños, pois ten un funcionamento moi sinxelo e se pode obter moi rapidamente toda a información que se inclúe”, afirmou.
Resaltou o modelo de participación cidadá que impulsará a aplicación, dentro do chamado “open government”. “Suporá unha vantaxe para o veciño pero tamén para o Concello, para detectar necesidades no municipio”, sinalou en referencia á comunicación de incidencias.
Esta aplicación únese á administración electrónica que xa funciona en Culleredo. En breve, o Concello estreará páxina web renovada. “Queremos avanzar co ritmo que marca o cidadán e a tecnoloxía”, apuntou Sacristán.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER