O Concello de Culleredo ultima as obras de urbanización e acondicionamento na rúa Mosteiro de Sobrado, situada no centro de Acea de Ama. A vía, que une a AC-211 coa rúa Andrés Pan Vieiro, presentaba un estado deteriorado, agravado pola caída dun murete, que competía arranxar ao propietario.
O Concello procedeu a urbanizar a rúa, o que incluíu o asfaltado da calzada e o arranxo dos diferentes danos que presentaban as beirarrúas. A pavimentación incluíu tamén parte da rúa Andrés Pan Vieiro, que conecta a AC-211 coa avenida de Ribados, pasando polo Conservatorio.
Coa obra, ampliouse de forma notable a rúa, permitindo agora unha circulación cómoda para os residentes. Esta ampliación permitiu gañar espazo para o aparcadoiro de vehículos, así como un importante incremento na seguridade para os peóns. Ademais, coa actuación, o Concello procedeu a limpar os cascallos existentes pola caída do murete.
Os veciños mostran a súa satisfacción coa realización da obra por parte do Concello. No establecemento hostaleiro radicado na rúa recoñecen que os residentes están "contentos" pola actuación, dada a necesidade que había, e polos resultados, unha rúa urbanizada e con amplitude para circular.
A obra realizouse a cargo do Plan de Obras e Servizos, financiado pola Deputación da Coruña. O investimento é de 50.000 euros, incluíndo tamén as obras de pavimentación en cálea Laberinto, de Almeiras.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER