O Concello conclúe as obras de asfaltado na rúa Laberinto e executa as de pluviais na rúa Choeira

O Concello de Culleredo acaba de concluír as obras de mellora de firme na parroquia de Almeiras. En concreto, os traballos de pavimentación desenvolvéronse na rúa Laberinto e a súa contorna, en Vigovidín.

Trátase dunha zona que alberga a numerosas vivendas, conectadas por un conxunto de diferentes pequenas vías, cuxo firme foise deteriorando co paso do tempo. Isto levou ao goberno local que preside Julio Sacristán a incluír os traballos no Plan de Obras e Servizos que financia a Deputación.

A obra inclúese nun paquete de 50.230,34 euros, que tamén serviron para a ampliación e asfaltado da rúa Mosteiro de Sobrado, en Acea de Ama, de recente conclusión.

Ademais, o Concello iniciou os traballos de mellora da rede de saneamento na rúa Choeira, tamén na parroquia de Almeiras. É unha actuación emprendida pola empresa adxudicataria do servizo municipal de saneamento, concesionado o ano pasado.

A obra consiste na construción da rede de recollida de pluviais, evitando por tanto que a auga da choiva se introduza na rede de saneamento ao estar separadas. Con esta intervención e varias similares que contempla este plan corrixiranse conexións da rede de pluviais ao saneamento que, aínda que loxicamente non causaban ningún problema ambiental, sobrecargaban o sistema de forma innecesaria ao introducir auga limpa no tratamento de fecais.

Sacristán, sinala que a realización de obras de mellora destas infraestruturas foi unha "constante" na acción do goberno local que dirixe. O rexedor sostén que na época económica actual, as administracións deben dedicar os  "principais esforzos" aos servizos básicos dos veciños.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina