O Concello de Culleredo sacará a licitación en abril diversas obras por importe de 579.942,55 euros. Correspóndense ao Plan de Obras e Servizos de 2013, ao Plan Complementario do POS 2012 e diferentes subvencións. As obras serán financiadas nun 75% pola Deputación da Coruña e nun 25% polo Concello.
As actuacións que se contratarán son as seguintes:
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, sinala que as obras programadas "paliarán as deficiencias detectadas polos servizos municipais e as peticións efectuadas polas asociacións de veciños nalgúns casos". Coas actuacións de mellora da rede eléctrica en diferentes dependencias municipais preténdese unha diminución de custos, mediante a colocación de lámpadas con tecnoloxía LED e de detectores de presenza.
O goberno local estima que esta actuación logrará un importante aforro na factura eléctrica do Concello, que podería roldar o 40%. Sacristán explica que o obxectivo é crear un sistema de iluminación "eficiente e sustentable", mantendo o necesario servizo para os usuarios.
A ampliación do aparcadoiro do xardín botánico responde a unha solicitude dos usuarios dadas as escasas prazas que existen na actualidade e dado que a dependencia acolle numerosas actividades culturais. Así, crearanse novas prazas na avenida de Juan Carlos I, en sentido Fonteculler.
Con outras obras, como a renovación de auga e a ampliación do saneamento, o Concello continúa co seu plan de mellora das infraestruturas básicas. A idea da primeira consiste en mellorar a rede de auga para evitar fugas e perdas. Coa extensión do saneamento nas dúas zonas mencionadas séguese co proxecto de dotar deste servizo ao 15% de vivendas que aínda non o dispoñen.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER