O Concello contrata un servicio de tratamento de vehículos abandonados

O Concello de Culleredo saca a licitación o servizo de tratamento como residuos dos vehículos abandonados. Cada ano, aparecen nas rúas máis vehículos que xeran molestias aos veciños, ocupando prazas de estacionamento e creando unha mala imaxe da contorna.

Cando isto sucede, o Concello ten que seguir unha obrigatoria tramitación para localizar ao dono do vehículo. Finalizado este proceso sen atopar ao propietario é cando o Concello xa pode proceder á retirada do automóbil.

A proliferación de casos de coches abandonados encheu o depósito municipal. Incluso unha segunda nave alugada tamén está completa. Isto causa que non exista espazo para retirar novos vehículos. O Concello decidiu pór solución mediante a contratación do tratamento dos vehículos como residuos, ao final da súa vida útil e fóra de uso.

Con este servizo, unha empresa adxudicataria, cun centro xestor autorizado, será a que se encargue de retirar os vehículos con esta clasificación e farase cargo dos residuos, abonando ao Concello unha contía. Tamén os particulares poderán entregar vehículos á empresa, recibindo un pago da mesma.

Con esta contratación, o Concello responde a unha crecente necesidade de actuación nas rúas do municipio e ademais logrará unha achega económica e un aforro ao permitirlle deixar de alugar a nave que usa para gardar os coches abandonados e que supón uns 6.000 euros anuais.

Para a adxudicación, ademais do prezo, teranse en conta, entre outros aspectos, as melloras que propoñan as empresas encamiñadas a maximizar a reutilización e aproveitamento dos residuos. Tamén se valorará a distancia do centro xestor autorizado ao municipio de Culleredo.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina