A Concellaría de Sanidade e a Asociación galega para a asistencia e a investigación dos trastornos de personalidade (Asociación TP) organizan unha xornada informativa baixo o título: "Trastornos de personalidade: Rachando cos mitos".
A xornada ten como obxectivo dar a coñecer este tipo de trastornos e as crenzas erróneas que sobre eles ten a sociedade. Ademais presentaranse os servizos cos que conta a asociación TP, e dos que tamén poden ser beneficiarios os veciños e veciñas de Culleredo. En Culleredo hai moitas familias convivindo coa problemática sen apoios sociosanitarios.
A Xornada terá lugar o día 23 de abril, ás 19:30 horas, no Centro Municipal de Servizos Sociais de Vilaboa, e contará coa relatora Chus Bello Souto, psicóloga especialista neste tipo de trastornos, e coordinadora da asociación TP.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER