O Concello de Culleredo aproba a cesión dun local a Correos para que poida ofrecer os seus servizos postais aos veciños da zona do Burgo. Trátase dun espazo de 34 metros cadrados de superficie, situado na antiga Casa da Xuventude, sita na rúa Alfonso VII do Burgo.
A xunta de goberno acordou esta cesión o pasado luns. Correos xa manifestou o seu acordo coas condicións do convenio, polo que poderá asinarse e preparar o local para iniciar a actividade de forma inminente.
A cesión do local prodúcese por un prazo de 12 anos, prorrogables ata un máximo de 24. Correos deberá satisfacer ao Concello un canon anual pola concesión de 600 euros. Así mesmo, a empresa postal efectuará os traballos de adecuación da instalación para o desenvolvemento da súa actividade e asumirá os gastos derivados do uso do inmoble (luz, auga, seguros, etc.).
Con esta aprobación dáse resposta a unha clara necesidade de servizo manifestada a Correos de forma reiterada polos veciños do Burgo e polo propio Concello. O goberno local considera que o local elixido ten unha localización moi boa, no centro do Burgo, o que favorecerá a mobilidade dos veciños.
A antiga Casa da Xuventude deixou de utilizarse o ano pasado polo plan de reorganización de espazos acometido polo Concello. O centro municipal de formación Pablo Picasso acolle agora as oficinas e espazos de Xuventude. O resto de dependencias da antiga Casa dá Xuventude serán cedidas para o uso por parte de asociacións.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER