Fomento aproba as aliñacions da Terceira Ronda propostas polo Concello

O Ministerio de Fomento aproba a proposta de modificación da liña límite de edificación na Terceira Ronda e na autovía de acceso ao aeroporto de Alvedro elevada polo Concello de Culleredo. Así figura na resolución do director xeral de Estradas que remitiu ao Concello.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, deu conta desta resolución á corporación na sesión plenaria que se celebrou o pasado xoves. As novas aliñacións afectan aos seguintes tramos:

  • AC-14, marxe esquerda,  puntos quilométricos 3,817 ao 4,520 e 7,994 ao 8,065
  • AC-14.Ao, marxe dereita, puntos quilométricos 1,870 ao 2,014 e 1,882 ao 1,982

 Os veciños da Urbanización Augas Mansas solicitaran ao Concello de Culleredo a fixación das aliñacións nesta urbanización, co fin de que excepcionalmente non fóra de aplicación a Lei de Estradas nesta urbanización e evitar así que parte dela quedase fora de ordenación, tendo en conta que devandito solo é urbano polo desenvolvemento do Plan Parcial correspondente e considerarse como solo urbano consolidado.

O alcalde mantivera unha reunión coa Demarcación de Estradas do Estado co fin de fixar as aliñacións que agora son xa definitivas.
 
Desta forma conséguese o mesmo acordo que no seu día se formalizou  con Fomento e Autoestradas para os solos urbanos consolidados en Vilaboa e o Burgo pola construción da autoestrada AP-9.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina