O pleno aprobou o regulamento dos ficheiros de datos de carácter persoal

O pleno de Culleredo aprobou o regulamento dos ficheiros de datos de carácter persoal do Concello. Trátase da regulación dos arquivos, automatizados ou non, que conteñen e procesan datos persoais.

O regulamento determina a finalidade de cada ficheiro, as persoas ou colectivos dos que se obteñen, a súa estrutura e descrición ou o órgano responsable do mesmo. Así mesmo, o texto marca ante que servizos ou unidades pódese exercer o dereito de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, e o nivel de medidas de seguridade.

En total, son 16 os ficheiros de datos de carácter persoal que se crean con esta proposta do goberno local. Van desde o persoal, aos servizos sociais, o padrón, os rexistros ou a seguridade cidadá.


Certificados electrónicos

Doutra banda, o pleno acordou delegar na Deputación da Coruña a tramitación dos certificados electrónicos. Isto efectuarase mediante unha encomenda de xestión, pola que a institución provincial encargarase das solicitudes de emisión, suspensión e revogación destes certificados.

Os certificados aos que se refire esta encomenda son os de Administración Pública, incluídos na lei 11/2007: de persoal ao servizo da administración, de sede electrónica e de actuación administrativa automatizada (selo electrónico).

A petición de emisión, suspensión ou revogación destes certificados á Deputación será realizada por persoal delegado competente do Concello, utilizando para iso o seu certificado persoal clase 2.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina