Intervención do alcalde de Culleredo no pleno de organización do novo goberno municipal

Na Xunta de Portavoces, celebrada o venres pasado, expliquei que se producira un acordo político, entre o PSdeG-PSOE e a Agrupación Progresista de Culleredo – APdC, mediante o cal sometíase a disciplina do Partido Socialista e do programa de goberno presentado nas eleccións de 2011.

O acordo político conleva un cambio na composición do goberno municipal de Culleredo, dando por rematado o pacto acadado hai seis anos co grupo municipal do BNG, ao que lle quero agradecer moi sinceramente o traballo e a colaboración no goberno de Culleredo, desenvolto en circunstancias socioeconómicas difíciles.

Este novo acordo político especifica o funcionamento do goberno municipal como grupo único, aínda que formalmente é por imperativo legal teñan que manterse os dous grupos municipais.

Igualmente se indica que o equipo de goberno de Culleredo contará con un portavoz único que será D. Diego Taibo Monelos e viceportavoz: D. Jose Ramón Rioboo Castro.

En canto aos obxectivos estratéxicos do acordo político, para a gobernanza de Culleredo, priorízanse do xeito seguinte:

  1. Ampliación e mellora dos servizos sociais ós cidadáns que o precisen e máxima atención ós mais vulnerables.
  2. Mellorar os servizos municipais, cunha maior coordinación e traballo transversal das diferentes concellarías, co máximo aproveitamento dos recursos existentes.
  3. Impulsar e facilitar mecanismos que favorezan a participación e o acceso á información municipal.
  4. Establecemento dunha Estratexia Local de Emprego cos axentes sociais e a Comunidade Autónoma e Deputación.
  5. Manter unha estrutura orzamentaria equilibrada.
  6. Dotar ó Concello dunha plantilla de persoal axeitada á realidade, de conformidade coas modificacións que se poidan introducir na Lei de Administración Local en revisión.
  7. Promoción turística do Concello e dos valores paisaxísticos, ambientais e etnográficos.
  8. Dotar ao Concello dun Plan Xeral adaptado á lexislación autonómica.

A través deste novo acordo de goberno, o goberno de Culleredo amplía a representación social, tenta incrementar a estabilidade, fomentar a coherencia e a coordinación nas súas accións de goberno para mellorar a eficacia e eficiencia das mesmas.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina