Culleredo celebra o pleno de organización do novo goberno, que aforrará 25.000 euros anuais en dedicacións e dietas

O pleno municipal de Culleredo reuníuse de forma extraordinaria na noite do martes 15 de maio para abordar a nova organización do goberno, resultante da integración de APdC no PSOE, o que deu por finalizado o pacto de goberno entre PSOE e BNG.

O alcalde, Julio Sacristán, deu conta á corporación destes cambios, o que supón o cese e revogación de delegacións dos concelleiros do BNG e o nomeamento dos novos membros do goberno.

O pleno aprobou, sen ningún voto en contra, os cargos con dedicación exclusiva. O novo goberno reduce o custe neste concepto, posibilitando un aforro de 25.000 euros ao ano ao dispoñer dunha media dedicación menos e ao rebaixar os custes de asistencia á xunta de goberno.

Ademais, o pleno deu o visto bo ao novo horario destas xuntas de goberno, que serán os luns ás 13.00 horas, a estrutura das comisións informativas, coa creación dunha nova de Seguridade Cidadá, e á designación dos representantes da corporación en distintos órganos e institucións.

O goberno de Culleredo é agora o seguinte:

Alcalde(Presidencia): Julio Sacristán
Primeiro tenente de alcalde. Seguridade Cidadá e Comunicación: José Ramón Riobóo
Segunda tenente de alcalde. Administración e Cultura: Alicia Ferreiro
Terceiro tenente de alcalde. Urbanismo: Diego Taibo
Carto tenente de alcalde. Medio Ambiente, Servizos e Obras: Narciso Marzoa
Quinta tenente de alcalde. Persoal: Marta Figueroa
Sexta tenente de alcalde. Promoción Económica e Emprego: Marta Iglesias
Sétima tenente de alcalde. Benestar Social: Guadalupe Pombo
Concelleiro delegado en Dinamización Local e Turismo: Juan Carlos Iglesias Lovelle
Concelleira delegada en Educación: Carmen Varela
Concelleiro delegado en Deportes: Miguel Suárez
Concelleira delegada en Sanidade e Muller: Penélope López
Concelleiro delegado en Protección Civil e Incendios: Alberto Veira

Con esta organización, o goberno local busca unha estrutura que fomente o "contacto cos cidadáns" propiciando a comunicación e participación. Os cambios nas áreas buscan unha "mellor coordinación" que redunde nun funcionamento eficaz do Concello.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina