O alcalde convoca aos veciños do Monte Costa ante o inicio das voaduras

O goberno de Culleredo celebrará hoxe mércores 22 de maio, desde as 20.30 horas, na casa do Concello unha reunión cos veciños das inmediacións do Monte Costa para informarlles do inminente inicio das voaduras para o desmonte.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, convocou a residentes das 60 vivendas dos arredores do monte, situadas nos núcleos de Tarrío e Cillobre, principais afectados pola actuación que levará a cabo AENA con motivo da ampliación da pista do aeroporto de Alvedro.

Sacristán ofrecerá detalles aos veciños de como será o procedemento das voaduras e as medidas de seguridade que adoptará a empresa. Explicará así mesmo as medidas de prevención que se tomarán.

O alcalde convoca a reunión de forma urxente unha vez que recibiu información das condicións da
actuación por parte da empresa. O goberno de Culleredo quere manter informados o máximo aos veciños que son os principais afectados do desmonte e manterá unha actitude vixiante para comprobar que se garanten todas as condicións de seguridade para os cidadáns.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina