O goberno de Culleredo, a través da colaboración entre a Concellaría de Sanidade e a asociación AEAL, inicia un programa complementario aos servizos que proporciona o sistema galego de saúde con obxecto de reforzar a atención para os veciños. Neste caso, a acción consiste en talleres de apoio para persoas con cancro e as súas familias.
A iniciativa ten como obxectivo ofrecer o apoio psicolóxico que poden necesitar as persoas con cancro e a súa contorna. Céntrase en como abordar aspectos da enfermidade, como a relación co médico.
O taller comezou esta semana e desenvólvese todos os martes e xoves, ás 8 da tarde, no Centro de Servizos Sociais de Vilaboa (xunto á parada de taxis). A concelleira de Sanidade, Penélope López, e a de Benestar Social, Guadalupe Pombo, asistiron ao comezo do programa para saudar aos asistentes e ofrecer os servizos do Concello para as demandas que poidan ter.
Os talleres están dirixidos polo psicólogo especialista Jose María Freire. Non é necesaria a inscrición previa e son gratuítos.
A Concellaría de Sanidade resalta o obxectivo de dotar de estratexias ás persoas que pasan por este proceso de enfermidade para poder afrontala e loitar contra ela, e os beneficios deste tipo de talleres grupales.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER