O goberno de Culleredo pediu a Sanidade melloras para o centro de Acea de Ama

O goberno de Culleredo demanda melloras na atención sanitaria do centro de saúde de Acea de Ama. O alcalde, Julio Sacristán, e a concelleira de Benestar Social, Guadalupe Pombo, desprazáronse ao Hospital Universitario da Coruña para manter unha reunión co director da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Francisco José Vilanova, acerca do presente e futuro do servizo sanitario no municipio.

O goberno municipal quixo despexar todas as incertezas acerca da construción do novo centro de saúde en O Portádego, unha demanda reiterada de Concello, que cedeu os terreos en 2009, e veciños pola saturación que sofre o centro de Acea de Ama. O xerente confirmou que a Xunta dispón dos fondos aprobados para a actuación, que agora se atopa en fase de redacción do proxecto de execución, dado que o proxecto básico xa estaba elaborado.

Con esa garantía ofrecida pola Xunta de que o novo centro será unha próxima realidade, o equipo de goberno solicitou unha serie de melloras para o ambulatorio de Acea de Ama. Trátase de varias peticións elaboradas en función das necesidades detectadas na atención que ofrece o centro.

Aínda que a dependencia de O Portádego aliviará a saturación actual, o Concello entende que se debe mellorar o servizo mentres. Para iso pide o incremento dun médico para o centro de Acea de Ama, que traballaría polas tardes. Desta forma diminuiríase o cociente de pacientes por facultativo, que hoxe en día é excesivo.

Sacristán e Pombo trasladaron tamén a petición de aumentar a atención do psicólogo, que pasa consulta dous días á semana. O equipo de goberno suxire que sexan tres os días de atención para ofrecer un servizo axustado ás necesidades. A Xunta valorará estas solicitudes.

Outro dos aspectos que o Concello sostén que necesita unha mellora son as infraestruturas. O xerente coincidiu co rexedor e a edila en que as instalacións de Acea de Ama presentan diferentes deficiencias que necesitan dunha renovación, aínda que apuntou que se trataría dunha obra importante.

O que si se mellorará é o acceso dos pacientes desde as ambulancias, outra das peticións do goberno de Culleredo. O xerente viu con bos ollos a posibilidade de instalar un tellado que protexa aos pacientes das inclemencias meteorolóxicas.

O goberno municipal entende que a construción do centro de saúde en O Portádego será clave para mellorar o servizo sanitario aos veciños de Culleredo, pero considera que mentres tanto se pode ofrecer unha mellor atención a través das actuacións pedidas.

O equipo de goberno confía en que a construción do novo centro se axilice, dada a transcendencia que ten para o concello. Ademais de supor un incremento de espazos e persoal de atención, a dependencia contará cunha unidade de saúde mental que dará servizo tanto aos veciños de Culleredo como dos municipios limítrofes.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina