O Concello de Culleredo presenta a conta xeral do exercicio económico 2012 cuns excelentes resultados. De feito, a liquidación orzamentaria alcanza valores que non se lograban desde 2006.
O remanente de tesouraría arroxa unha cifra que reverte radicalmente a situación negativa do pasado exercicio (2011). Entón finalizou o ano con -819.207,96 euros de remanente e agora alcánzanse os 2.907.995,97 euros.
Isto mostra unha situación de liquidez a curto prazo ao superar os dereitos pendentes de cobro máis os fondos líquidos na Tesouraría a final do exercicio aos acredores pendentes de pago, unha vez descontado o efecto sobre os mesmos dos gastos con financiamento afectado.
Na liquidación orzamentaria Culleredo logra un superávit de 3.037.603,79 euros. Esta cifra alcánzase ao dispor duns dereitos recoñecidos netos de 25.081.837,18 euros e unhas obrigacións netas de 22.044.233,39 euros.
A nivel de equilibrio orzamentario, a liquidación do orzamento do exercicio 2012 pon de manifesto, desde o punto de vista non financeiro, unha capacidade de financiamento por 2.503.286,11 euros.
Este remanente positivo permitiría ao Concello de Culleredo a amortización completa do crédito ICO subscrito o ano pasado para afrontar os pagos a provedores, a raíz do plan aprobado polo Goberno do Estado sobre as administracións locais. O equipo de goberno optou por amortizar 1,15 millóns de euros dos 2,1 millóns que compoñen o crédito coa intención de poder programar novos investimentos necesarios para os veciños de Culleredo, aproveitando así a xestión económica realizada.
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, anuncia que está á espera de que o Goberno do Estado publique o decreto que permitirá este emprego do remanente para levar a cabo investimentos. O rexedor destaca as cifras conseguidas en base ás políticas de aforro impulsadas en todas as áreas municipais.
A conta xeral acaba de ser debatida na Comisión Especial de Contas, onde foi ditaminada de forma favorable. Agora entrará en exposición ao público durante 23 días, tras o que poderá ser aprobada no pleno.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER