O campus de fútbol que celebra o club Sporting Burgo recibiu un festín de froita. Tratouse do punto Komesan, que leva a cabo o Concello de Culleredo, a través da Concellaría de Sanidade, para fomentar a alimentación saudable, sobre todo entre os pequenos do municipio.
Os 70 participantes no campus puideron degustar cereixas, melón e sandía, acompañados dunha botella de auga. Aínda que algún foi máis remiso, os nenos aceptaron o menú e colleron un pouco de todo para aliviarse ademais da intensa calor.
A concelleira de Sanidade, Penélope López, tamén estivo presente no punto Komesan. A edila destaca o éxito que está a recibir o punto en todos os eventos nos que o Concello está a instalalo, como a clausura das actividades de servizos sociais ou dos cursos de natación.
López apunta que se trata dunha iniciativa que pretende que especialmente os pequenos déanse conta de que existen alimentos "moi saudables e ricos á vez", e do beneficio que teñen combinado coa práctica deportiva que propuxo o campus.
O Concello de Culleredo apoiou ademais a asistencia ao campus de fútbol a nenos de familias con dificultades económicas. Foron 20 en total os que foron promocionados polo Concello, nunha colaboración impulsada entre as Concellarías de Benestar Social e de Deportes, con obxecto de garantir a todos os veciños o acceso a unha iniciativa deportiva e de convivencia moi proveitosa para os pequenos.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER