Reunión entre o Concello e a Comisión de Festas do Burgo

O Concello de Culleredo e a Comisión de Festas, que organiza os festexos do Burgo, mantiveron na mañá de hoxe unha reunión para tomar unha decisión sobre os actos da parroquia, unha vez que no día de onte foron suspendidos en solidariedade coas vítimas do accidente de tren acontecido o mércores en Santiago de Compostela.

No encontro analizáronse diversos factores concluíndo na decisión de reanudar as festas no día de hoxe. Para tomar esta decisión, a Comisión de Festas e o Concello tiveron en conta a repercusión económica que suporía a cancelación permanente dos festexos, tanto para a Comisión como para os feirantes.

Tanto os organizadores das festas como o goberno municipal coinciden en sinalar os graves prexuízos económicos que esa decisión levaría para moitas familias, unha consecuencia que non se pode admitir, máxime nunha situación de crise como a actual.

Esta medida foi consultada coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para ir en comunión coas decisións similares que se están adoptando na comunidade galega.

O Concello de Culleredo destaca a compresión, solidariedade e esforzo económico levado a cabo onte polos feirantes, que aceptaron o peche das atraccións a pesar do custo que lles implicou. Nin un só posto do recinto abriu como mostra de respecto ás vítimas desta traxedia. Todos mostraron a súa consternación polo suceso e sumaron o seu grao de area, aínda procedendo doutras rexións.

Ademais, o goberno municipal agradece aos veciños e visitantes que entendesen a decisión de suspender os actos previstos para a xornada de onte.

A Comisión de Festas do Burgo explica que a decisión era a apropiada en sinal de respecto ás vítimas. Apunta que a continuación desde hoxe é necesaria para evitar graves danos económicos.

A Comisión decidiu trasladar as actuacións previstas para onte para o luns, así como os fogos artificiais de fin de festa que ían realizarse o domingo. Ademais, os pasacalles previstos para onte trasládanse a mañá sábado.

Castelo

O equipo de goberno quere facer extensible este agradecemento á Comisión de Festas e veciños de Castelo, que onte concluían os festexos e sumáronse tamén á decisión de cancelalos en solidariedade cos afectados no accidente.

A Comisión de Festas de Castelo manifesta que a decisión era totalmente comprensible e apunta que os veciños entenderon perfectamente a medida.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina