O goberno de Culleredo acometerá de forma inminente 14 paquetes de actuacións ao longo do municipio que servirán para dar resposta a algunhas das necesidades detectadas e para levar a cabo distintas melloras de carácter urbano. As obras atópanse no final da súa tramitación de contratación polo que o Concello estima que se iniciarán de inmediato.
O equipo de goberno programou estas actuacións especialmente conforme ás peticións trasladadas polos veciños. En total, estas obras suporán un investimento de 413.000 euros.
O conxunto de actuacións será o seguinte:
TOTAL: 341.522, 93 euros + IVE= 413.242,75 euros
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, explica que a decisión do Concello consiste en "centrar vos esforzos económicos nas principais prioridades para os cidadáns, é dicir, os servizos básicos". Así, a mellora da ampla rede viaria local centra boa parte do investimento.
O Concello programa tamén melloras na seguridade dos peóns, coa necesaria reparación do firme das rúas Hersa e Sanjurjo de Carricarte do Burgo, e a reparación de varandas en diferentes puntos.
O primeiro caso consiste nunha das actuacións máis urxentes dado a deterioración das laxas causado polo paso de vehículos. Para evitalo, o Concello xa colocou os colectores de lixo na rúa Ribados e así non requirir a entrada dos camións de recollida.
En canto ás varandas, arranxaranse as da senda peonil da Corveira, xunto coa mellora do camiño, a de Ribados ou a da ponte do paseo marítimo, espazo moi frecuentado por paseantes ou deportistas.
En canto a servizos para o cidadán, prográmase a creación dun aparcadoiro no xardín botánico, moi utilizado dado que concentra boa parte da actividade cultural do municipio. O incremento do saneamento e a mellora do abastecemento de auga son outras das prioridades do Concello.
As obras contan co financiamento da Deputación da Coruña a través dos plans DTC-94 e o POS.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER