O goberno de Culleredo iniciará esta semana, unha vez ultimado o contrato coa empresa adxudicataria, os traballos da mellora das rúas peonís do Burgo, Sanjurjo de Carricarte e Hersa. Os traballos consistirán en retirar as laxas en mal estado para substituílas por outras: serán uns 120 metros cadrados. O investimento neste apartado ascende a 25.000 euros. Para acometer a actuación houbo unha avalancha de ofertas, ata 43 empresas, o que demorou no tempo a contratación da obra.
O mal estado das laxas é atribuído, sobre todo, ao continuo paso de vehículos pesados. Con respecto a estes últimos, precisamente, establecerase unha limitación de entrada a partir de certo volume. A petición dos comerciantes, por outra banda, establecerase tamén, unha vez concluídas as obras, un tempo de carga e descarga para vehículos lixeiros co fin de facilitar as xestións nos establecementos da zona durante un tempo limitado.
A segunda liña deste proxecto de mellora das dúas rúas peonís fai referencia á ornamentación. Por unha banda, suprimíronse os colectores de lixo subterráneos que obrigaban a pasar aos camións de recollida e delimitouse na avenida de Ribados unha zona que contén depósitos para diferentes tipos de residuos.
Por outro, instalaranse xardineiras ao longo das dúas vías. Para esta segunda fase, o goberno local solicitou unha subvención á Xunta, dentro da liña aberta para melloras de zonas comerciais.
O goberno local destaca a importancia que teñen estas dúas rúas dentro da área do Burgo como foco de comercial, de aí o seu interese en potenciala e mellorala para convertela nun epicentro de actividade viva.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER