O Concello de Culleredo acometeu a remodelación da rúa Xafontes, de Vilaboa. O plan de melloras na rede viaria confeccionado polo goberno municipal incluíu esta rúa dada a necesidade de renovar a calzada, deteriorada co paso do tempo.
O Concello destinou 20.700 euros a esta actuación, desenvolvida no tramo desta rúa que enlaza a rúa Conduzo coa ponte sobre a AP-9, discorrendo en paralelo a esta autoestrada. O viario é especialmente utilizado polos veciños de Vilaboa, Laxe ou Conduzo.
Con esta mesma intención de mellora da seguridade viaria e das condicións en determinados puntos da rede viaria municipal, o Concello de Culleredo levará a cabo de forma inmediata as seguintes obras polos seguintes importes:
A mellora das infraestruturas viarias constitúe unha constante de actuación para o goberno de Culleredo, que aposta por dedicar os principais esforzos investidores ás necesidades básicas dos cidadáns. Estas actuacións son deseñadas polo Concello e financiadas pola Deputación da Coruña.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER