O Concello acorda coa UTE Alvedro a parada dos traballos para respectar as festas da parroquia

O Concello de Culleredo acorda coa empresa adxudicataria das obras de ampliación da pista do aeroporto de Alvedro unha serie de medidas para respectar ao máximo as festas veciñais da parroquia, que terán lugar entre o sábado 31 e o luns 2 próximos. A proximidade do campo da festa cos puntos onde se desenvolven as obras levou ao goberno municipal a pedir á UTE que varíe as condicións de traballo eses días, atopando a total disposición dos seus responsables para favorecer os festexos aos veciños.

As obras pararán ás 18.00 horas do venres e renovaranse o martes 3, unha vez concluídas as festas. Por tanto, nos días das celebracións os veciños non atoparán nin o paso constante de camións nin as voaduras do monte Costa, actividades que xerarían importantes molestias.

O acordo do Concello coa empresa inclúe que se habilitará a pista de baixada dos camións para o aparcadoiro dos asistentes aos festexos. Contará con iluminación para facilitar o seu uso.

Así mesmo, o goberno local pediu a limpeza extraordinaria da contorna. A empresa xa comezou a limpar tanto as estradas como as calzadas e rexistros entre Fontemaior e Tarrío para contar coas mellores condicións de cara ás celebracións.

Os traballos seguen na contorna do campo da festa. Os operarios están a colocar o valo de madeira que acompañará á nova senda peonil no seu percorrido desde Fontemaior até a igrexa. Trátase dun dos acordos alcanzados entre o Concello e AENA.

A senda peonil ten unha lonxitude de máis de 850 metros e permitirá, sen perigo para os peóns, desprazarse á igrexa románica, ao campo da festa, ao parque infantil ou ao cemiterio, ou simplemente dar un paseo pola zona. Construíuse en formigón impreso e estará iluminada ao longo do seu percorrido

O goberno local anunciou agora que esta obra completarase coa construción doutra zona peonil que comunicará o núcleo de Liñares coa igrexa e que se executará ao longo de 2014.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina