O Concello e AEAL conmemoran o X Día Mundial do Linfoma

O Concello de Culleredo conmemora esta semana o X Día Mundial do Linfoma cun programa de actos que desenvolve de forma conxunta coa Asociación Española de linfoma, mieloma e leucemia (AEAL). Desta forma, a Concellaría de Sanidade quere pór o seu gran de area en sensibilizar á poboación acerca desta enfermidade.

Os actos comezaron onte mércores, coa instalación dunha mesa informativa no centro de saúde de Acea de Ama. Tivo o obxectivo de sensibilizar acerca dos cancros oncohematolóxicos e sobre a doazón de medula. Contou coa presenza de Penélope López, edila de Sanidade de Culleredo.

Esta mesa volverase a instalar o venres, en horario de 17.00 a 20.00 horas, no paseo marítimo do Burgo. O Concello buscou lugares de importante tránsito de xente para levar a acción de sensibilización ao maior número de veciños.

Os actos proseguirán o sábado co coloquio: "Cancro hematológico: resolvendo dúbidas sobre a enfermidade". Terá lugar, en horario de 11:30 a 13:00 horas, na reitoral de Celas de Peiro. O programa será o seguinte:

11:30 Inauguración a cargo de: José Ramón Rioboo, alcalde en funcións.

12:00 Coloquio
Condutor do coloquio:
- José Francisco Hurtado Durán, delegado na Coruña de Aeal
Participan non coloquio:
- Dr. Guillermo Debén Ariznavarreta, hematólogo do CHUAC
- Dr. Rubén Vázquez, hematólogo do CHUAC
- José María Freire, psicólogo colaborador de AEAL

13:00 Presentación de servizos de AEAL e GEPAC (Grupo español de pacientes con cancro)

Culleredo e AEAL colaboran no apoio psicosocial de persoas con calquera tipo de cancro e os seus familiares. Desde hai tres meses desenvolven grupos de apoio mutuo. Os grupos están dirixidos por un psicólogo especializado e reúnense todos os primeiros e terceiros xoves de mes no Centro de Servizos Sociais de Vilaboa.

Para participar nos mesmos pódese contactar no teléfono de sanidade de Culleredo: 981 654 570 ou a través do correo electrónico fj.hurtado@aeal.es.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina