Iniciado o asfaltado de Electo Carballo tras concluir as obras no abastecemento de Emalcsa

Os traballos na mellora do sistema de abastecemento de auga da Coruña e a comarca realizados por Emalcsa finalizaron no Portádego, o que permitiu a reapertura ao tráfico da Nacional 550. A circulación recobrouse con normalidade e o tráfico da AC-211 tamén gañou consecuentemente en fluidez.

As obras requirirán esta semana algún corte puntual para completar a sinalización e pintado. Pero non será esta a única actuación complementaria por mor da mellora do abastecemento no Portádego.

A propia empresa encargada dos traballos iniciou o asfaltado de toda a avenida de Electo Carballo, que comunica O Portádego con Fonteculler. O seu firme está moi deteriorado debido ás obras levadas a cabo alí por Emalcsa nos últimos meses.

O Concello de Culleredo aposta, agora que os traballos concluíron na zona, pola remodelación da calzada con obxecto de ofrecer un servizo adecuado aos veciños da contorna, que tiveron que soportar tamén a obra. Así mesmo, é necesario o proxecto, considera o goberno local, para beneficiar a actividade comercial da avenida e a súa contorna.

Esta mellora do firme será o paso previo á renovación da vía que efectuará o Concello tras asinar o convenio coa Xunta, con obxecto de incrementar a seguridade viaria para os peóns. A actuación terá un orzamento de 240.000 euros e servirá para a dotación de beirarrúas e de servizos para os residentes.

A obra consistirá na construción de beirarrúas na marxe dereita da estrada en sentido O Portádego, nunha lonxitude de 700 metros.  As beirarrúas terán unha sección variable, cun mínimo de 1,50 metros, baixo a que se instalarán os tubos para os diferentes servizos.

O proxecto incluirá tamén a instalación de rede de recollida de pluviais, con sumidoiros cada 50 metros. Prevese ademais, como medida para reducir a velocidade dos vehículos, a creación de pasos de peóns elevados. Ademais, a avenida disporá de nova pavimentación e estreará  paradas de autobús. Tamén se renovará a sinalización horizontal e vertical.

O Concello traballa na elaboración dos pregos para a contratación. Estímase que podería desenvolverse a obra no primeiro semestre de 2014.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina