O Concello de Culleredo e a Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (ASEM) traballan de forma conxunta buscando un apoio para as persoas en situación de dependencia. Ambas as institucións asinaron en 2012 un convenio para a formación, tanto de dependentes como de familiares e profesionais, en hábitos, técnicas ou recursos que poidan mellorar a súa autonomía e favorezan os labores de coidado.
Con esta finalidade, a Concellaría de Sanidade, que dirixe Penélope López, e ASEM desenvolven o I Ciclo Formativo Sociosanitario no municipio. Este mes terá lugar a segunda xornada deste ciclo, que versará sobre "As salas Snoezelen, un mundo para a estimulación multisensorial".
Celebrarase este venres, 20 de setembro, no Pazo de Vila Melania (Vilaboa). A xornada desenvolverase en horario de 16.30 a 18.00 horas. Esta formación será impartida por dous terapeutas ocupacionais especializadas na materia: Yolanda Vizcaya e Candela Presedo.
A Concellaría de Sanidade cullerdense anima aos posibles destinatarios do ciclo a acudir á interesante xornada, que busca dar a coñecer un recurso de axuda para as persoas en situación de dependencia.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER