Culleredo e ASEM forman nas posturas saudables para persoas con dependencia

O Concello de Culleredo e a Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (ASEM) traballan de forma conxunta buscando un apoio para as persoas en situación de dependencia.

Ambas as institucións asinaron en 2012 un convenio para a formación, tanto de dependentes como de familiares e profesionais, en hábitos, técnicas ou recursos que poidan mellorar a súa autonomía e favorezan os labores de coidado.

Con esta finalidade, a Concellaría de Sanidade, que dirixe Penélope López, e ASEM desenvolven o I Ciclo Formativo Sociosanitario no municipio. O venres 18 de outubro tivo lugar a terceira xornada deste ciclo, que versou sobre os hábitos posturales saudables e as regras para a vida diaria. Celebrouse no Pazo de Vila Melania (Vilaboa).

A formación foi impartida pola terapeuta ocupacional, Minia Canedo, especializada na materia, membro de ASEM, e ademais monitora de Pilates.

A seguinte xornada do ciclo terá lugar o 22 de novembro e versará sobre as novas tecnoloxías adaptadas para as persoas con discapacidade.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina