O Concello instalará bancos, xardineiras e aparca-bicicletas nas rúas peonís do Burgo

Tras o arranxo do pavimento das rúas peonís do Burgo, o goberno de Culleredo prepara a humanización da contorna co obxecto de mellorar o seu aspecto e prestacións aos veciños. O Concello levará a cabo, de forma inminente, unha actuación nas rúas Hersa e Sanjurjo de Carricarte que inclúe varias vías de mellora.

En primeiro lugar, dado o carácter residencial e comercial da zona, o Concello incrementará o mobiliario urbano para propiciar o paseo polas rúas. Colocaranse novas xardineiras, que levan asociadas bancos para o descanso dos veciños.

Algunhas das xardineiras que actualmente están instaladas manteranse. Outras, as que se foron deteriorando ao longo do tempo, serán substituídas.

En segundo lugar, para promover o uso do transporte ecolóxico da bicicleta, e dar resposta aos cidadáns que xa a usan de modo cotián, o goberno municipal instalará un "aparcabicicletas" nas rúas peonís. O interese do Concello en fomentar a bicicleta xa se iniciou coa posta en marcha do servizo de aluguer polo paseo marítimo e o paseo do río Trabe.

E en terceiro lugar, o Concello retirará os colectores soterrados situados na confluencia de Hersa con Sanjurjo de Carricarte. Estes colectores xa non funcionan, ao ser deshabilitados para evitar a entrada de camións pesados que poden danar as laxas do firme. No seu lugar, o Concello dispuxo un parque de colectores de diferente tipo de residuos na avenida de Ribados.

Agora, o Concello quitará estes colectores soterrados e emprazaraos noutro punto da trama urbana, con obxecto de dar servizo aos veciños. Esta actuación, cun investimento aproximado de 30.000 euros, atópase en trámites de contratación. O Concello confía en que se poida realizar antes do final de ano.

Este proxecto constitúe a segunda fase da intervención municipal prevista nas rúas Hersa e Sanjurjo de Carricarte. A primeira realizouse hai unhas semanas e consistiu na reposición de todas as lousas danadas polo paso de vehículos pesados.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina