O Concello de Culleredo continúa o seu traballo de sensibilización sobre o consumo responsable. Nesta ocasión, o departamento municipal de Consumo, que dirixe Penélope López, promove unha exposición que leva directamente a centros educativos do municipio.
Trátase da mostra "Non T Consumas", creada polo Fondo Galego de Cooperación no que participa o Concello de Culleredo. A exposición vai dirixida aos alumnos do Instituto de Educación Secundaria Blanco Amor de Vilaboa e aos da Universidade Laboral, de Acea de Ama.
Serán 2.000 os mozos cullerdesenses que poderán ver esta exposición. A mostra fai un percorrido sobre o modelo de consumo que temos e as súas consecuencias, para ir dando pasos cara outro modelo de consumo responsable. Así dunha maneira máis incisiva ou a través de consellos faise unha reflexión para mudar hábitos e ir cara un mundo máis xusto, solidario e sustentable.
Entre os temas que aborda a iniciativa atópanse as desigualdades no consumo, a contaminación, a auga, a enerxía, o transporte, a reciclaxe, o consumo responsable, o comercio xusto, as finanzas éticas, a alimentación e a roupa.
A exposición estará instalada ata o próximo 15 de novembro no IES Blanco Amor. A semana que vén, desde o día 18 até o 22, trasladarase ás dependencias da Universidade Laboral.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER