O Concello de Culleredo e a Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (ASEM) traballan de forma conxunta buscando un apoio para as persoas en situación de dependencia.
Ambas as institucións asinaron en 2012 un convenio para a formación, tanto de dependentes como de familiares e profesionais, en hábitos, técnicas ou recursos que poidan mellorar a súa autonomía e favorezan os labores de coidado.
Con esta finalidade, a Concellaría de Sanidade, que dirixe Penélope López, e ASEM desenvolven o I Ciclo Formativo Sociosanitario no municipio.
O venres pasado tivo lugar a cuarta xornada deste ciclo, que versou sobre os recursos TIC e as novas tecnoloxías adaptadas ás persoas con dependencia. Celebrouse no Pazo de Vila Melania (Vilaboa). A formación foi impartida polas terapeutas ocupacionais, Betania Groba e Laura Neto.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER