Os cambios no servizo de transporte metropolitano de Culleredo, aprobados pola Xunta de Galicia, non convencen completamente ao Concello. Aínda que si se logran melloras nalgunhas zonas, os novos horarios autorizados a petición das empresas concesionarias dos servizos empeoran a mobilidade de moitos veciños e non dan solución a algunhas das cuestións solicitadas polo goberno municipal.
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, en canto tivo coñecemento do texto aprobado pola Dirección Xeral de Mobilidade, mantivo unha reunión urxente coa empresa Asicasa para analizar as consecuencias das novas liñas e horarios marcados nos autobuses.
Do devandito estudo o goberno local obtén as seguintes conclusións. Os aspectos negativos detectados son:
No apartado positivo, lógranse as seguintes melloras:
O primeiro edil, tras a exhaustiva análise efectuada, demandou á empresa as seguintes modificacións:
Sacristán confía en alcanzar un acordo coa empresa xa que as peticións son razoables para ofrecer un servizo "adecuado ás necesidades do cidadán e así potenciar o transporte público". De non chegar a un acordo, o Concello solicitará de inmediato unha entrevista coa Dirección Xeral para demandar unha nova resolución que satisfaga aos veciños de Culleredo.
Outra das cuestións que segue sen resolver esta nova configuración de liñas é o servizo ás urbanizacións da Zapateira, que seguen sen dispor de autobuses, nin metropolitanos nin urbanos da Coruña. Por iso, o alcalde suxerirá a convocatoria dun encontro entre a Xunta e os Concellos de Culleredo, Arteixo e A Coruña con obxecto de acordar unha solución que responda a esta necesidade para os cidadáns desa zona.
O rexedor defende que o servizo de transporte metropolitano debe ser "sensible" coas diferentes realidades cidadás para ofrecer un deseño de liñas e horarios que responda os intereses xerais. Aposta por unha "coordinación" dos Concellos coa Xunta de cara a establecer ese servizo na Zapateira, reclamado desde hai tempo polos veciños e o goberno cullerdense.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER