Culleredo e a concesionaria do bus metropolitano acordan melloras nas liñas e horarios

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, mantivo onte martes unha reunión cos responsables da concesionaria do transporte metropolitano (Asicasa) con obxecto de pedir variacións ante a reordenación dos servizos que entrou en vigor este comezo de ano e que non satisfacía nin ao Concello nin a moitos usuarios.

O rexedor e a empresa alcanzaron un principio de acordo para mellorar a configuración das liñas e horarios e así reverter algúns dos aspectos negativos detectados coa reordenación. Os responsables de Asicasa e Sacristán coincidiron na idoneidade de aplicar as seguintes modificacións, que ofrecerán un servizo máis axustado ás necesidades dos veciños de Culleredo:

  • Adianto do inicio das viaxes á primeira hora da mañá. Os autobuses que parten da Silva, Peiro, Boedo, Castelo, e o de interese municipal que sae do Burgo, adiantan o seu comezo de funcionamento co fin de dar servizo a traballadores, estudantes ou veciños que deben acudir a centros de saúde ou hospitais.
  • A restitución do servizo de mediodía a Orro, Boedo, Bregua e Castelo.
  • Adecuación do último servizo nocturno. A liña de interese municipal terá o seu último servizo ás 22.45 horas para poder recoller aos viaxeiros que saian da Coruña ata as 22.30 horas e levalos cara á zona rural.
  • Ampliación do servizo á zona rural os sábados ata as 15.00 horas

O que, en principio, non resulta viable é o establecemento de horarios á zona rural os domingos. A empresa expuxo as cifras de viaxeiros os domingos e son case nulas polo que non pode engadir estes servizos.

Así mesmo, a empresa e o Concello referendan as melloras logradas:

  • Creación dunha nova liña desde O Burgo, conectando con Almeiras, Sigrás e o polígono industrial de Alvedro.
  • Ampliación do radio de acción da liña de interese municipal, financiada polo Concello de Culleredo, a Ledoño, Peiro, Sueiro, O Casal e Celas.

Estas melloras propician que haxa zonas residenciais, como Almeiras, que ven duplicados os servizos con respecto á configuración anterior.

Este principio de acordo entre o Concello e a concesionaria require agora a súa aprobación por parte da Xunta de Galicia, administración competente.

O alcalde de Culleredo agradece a boa disposición da concesionaria en atopar unha solución que amplíe as prestacións do transporte metropolitano á maioría dos veciños do municipio. O rexedor aposta por potenciar o transporte público e por iso o Concello, aínda sen ser a súa competencia, inviste anualmente unha importante contía para financiar liñas que melloren a mobilidade dos cidadáns.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina