O Concello completa na praza da Sagrada Familia o plan de arranxo de beirarrúas

O peón foi un dos principais obxectivos dos plans municipais de obras acometidos nos últimos meses. O goberno de Culleredo localizou diferentes puntos do municipio con necesidade de incrementar a seguridade viaria para os peóns.

O Concello deseñou un amplo plan de arranxo de beirarrúas, centrado nos núcleos urbanos do municipio, que son os que contan con maior número de beirarrúas. As actuacións, desenvolvidas desde o pasado mes de outubro, complétanse agora co arranxo das beirarrúas na contorna da praza da Sagrada Familia, en Vilaboa.

No Burgo, o Concello xa finalizou os traballos nas seguintes rúas: avenida de Juan Carlos I, rúas Anxo Senra, Pintor Argüelles, Mosteiro de Carracedo, Ferrocarril, costa da Lonxa, avenida de Ribados, Visitación da Encina, Gumersindo Pereira e Andrés Pan Vieiro. En Acea de Ama mellorouse a avenida principal e en Almeiras, a avenida de Almeiras.

O proxecto incluíu tamén a reparación daquelas zonas de estacionamento de vehículos que así o requiriron, puntos polos que tamén pasan os veciños a pé.

En total, o proxecto, cun orzamento de 24.300 euros, abarcou a reparación de 463,69 metros cadrados de superficie de beirarrúas do municipio e de 310,92 metros cadrados de pavimento de zonas de aparcadoiro. Os diferentes puntos a mellorar foron localizados polos servizos municipais ou transmitidos polos veciños.

Unha das zonas nas que máis incidiu o plan municipal foi A Cros, contorna eminentemente residencial e que alberga moitos equipamentos e zonas comerciais. O equipo de goberno apunta que serve como lugar de residencia a moitas familias con nenos pequenos polo que o Concello quixo poñer "o maior dos empeños" en que dispoñan de espazos reservados para peóns "nas mellores condicións".

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina