O goberno de Culleredo comeza as reunións cos veciños afectados polo Plan de Illamento Acústico do aeroporto de Alvedro, que están a recibir as cartas informativas por parte de AENA. O Concello decidiu convocar encontros nos distintos núcleos que entran na isófona para "apoiar ao máximo" aos residentes.
As reunións van dirixidas aos propietarios de vivendas unifamiliares e aos presidentes e vicepresidentes de comunidades de veciños, se se trata de edificios.
O cadro de reunións é o seguinte:
Mércores 5 (20:00): Casa do Concello, para veciños da parroquia de Culleredo.
Venres 7 (20:00): Centro social de Almeiras , para veciños da parroquia de Almeiras.
Luns 10 (20:00): Centro de formación “Pablo Picasso”, para veciños de Acea de Ama e O Burgo: entorno das rúas Visitación da Encina e Avenida de Ribados.
Martes 11 (20:00): Centro de formación “Pablo Picasso”, para veciños de O Burgo: entorno de rúas Hersa, Sanjurjo de Carricarte, plaza de Europa, avenida de Galicia e avenida da Coruña.
A orde do día consistirá nunha explicación do Plan de Illamento Acústico, proporcionar toda a información sobre o proceso de tramitación e resolver todas as dúbidas que teñan os veciños.
Con esta iniciativa, o Concello de Culleredo ofrecerá asesoramento e apoio a todos os propietarios dos inmobles incluídos na segunda fase do Plan de Illamento Acústico pola ampliación do aeroporto de Alvedro.
O goberno municipal decide asumir esta tarefa dado que son miles os veciños afectados para apoiar en que o proceso se siga correctamente.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER