O Concello difunde estratexias de negociación cos bancos para familias con dificultades

O Concello de Culleredo traballa para apoiar aos veciños que teñen maiores dificultades económicas nos momentos actuais. Neste caso, o equipo de goberno promoverá accións para lograr aforros nos servizos bancarios aos veciños.

A Concellaría de Sanidade organiza, xunto coa Asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros (ADICAE), un taller de servizos bancarios básicos para receptores de prestacións sociais. Terá lugar o xoves 6 de febreiro, no Pazo de Vila Melania de Vilaboa, ás 19.00 horas.

A xornada será impartida por Verónica Pazos, técnica de consumo da asociación. O acceso é aberto e gratuíto, aínda que prioritariamente vai dirixida a persoas que perciben prestacións por desemprego, rendas activas de inserción, pensións non contributivas, ou renda galega de inserción.

A actividade, que se enmarca no convenio de colaboración que o Concello ten con ADICAE desde o ano 2013, ten como finalidade proporcionar estratexias e pautas na negociación coas entidades bancarias para a exención de comisións e obrigacións por ter ingresos de carácter periódico, aínda que teñan un intervalo temporal.

A concelleira de Sanidade, Penélope López, apunta que moitas familias non saben como negociar este tipo de contratos, o que levou ao goberno municipal e ADICAE a programar esta formación. "É posible aforrar uns custos importantes para a economía doméstica", afirma, polo que anima aos veciños a acudir.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina