O Concello de Culleredo, a través da Concellaría de Sanidade, prosegue co seu plan municipal de loita contra as adiccións. Nesta ocasión, o goberno municipal organiza un Curso de Mediadores Xuvenís en condutas adictivas.
A iniciativa ten como finalidade a de formar a mozas, entre 19 e 29 anos como axentes de saúde para mediar entre iguais. A súa misión consistirá en promover estilos de vida saudables e o afastamento das condutas adictivas no seu grupo.
A actividade constará de 20 horas teórico-prácticas. Desenvolverase no Centro municipal de servizos sociais de Vilaboa, comezando este sábado 15 de febreiro. Será impartida por persoal técnico da Asociación ACLAD, entidade coa que o Concello de Culleredo ten un convenio de colaboración desde o ano 2011, e por persoal do equipo municipal de Benestar Social.
As persoas interesadas poden inscribirse, de forma totalmente gratuíta, chamando ao teléfono 981 654570 ou no correo sanidade@culleredo.es. Acreditarase a asistencia.
Vista previa | Adjunto | Tamaño |
---|---|---|
cartel_mediadores_xuvenis.pdf | 768.73 KB |
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER