O Concello de Culleredo, a través da Concellaría de Sanidade, e a Asociación Galega de Trastornos de Personalidade (TP Galicia) formarán aos profesionais no manexo dos casos máis complexos desta patoloxía. Realizarano a través dun seminario titulado "Manexo dos trastornos de personalidade polos servizos profesionais de proximidade: estratexias e casos".
Terá lugar o vindeiro xoves, 20 de febreiro, en horario de 9.30 a 13.30 horas, no Centro Municipal de Servizos Sociais de Vilaboa. O seminario está centrado en proporcionar ás profesionais pautas e estratexias para atender as situacións máis complicadas.
A iniciativa ten unha especial relevancia xa que, unha porcentaxe importante dos usuarios dos servizos públicos de proximidade, ten diagnosticada algunha patoloxía deste tipo. O seminario será impartido por Chus Bello Souto, coordinadora e psicóloga da Asociación TP Galicia.
O Concello de Culleredo conta cun convenio de colaboración, desde o ano 2013, coa asociación para poder levar a cabo acciones sobre a patoloxía no municipio.
As persoas interesadas poden inscribirse no teléfono 981 654 570.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER