A formación para profesionais promovida polo Concello de Culleredo, a través da Concellaría de Sanidade, e a Asociación Galega de Trastornos de Personalidade (TP Galicia) no manexo dos casos máis complexos desta patoloxía logra un gran éxito de público. Preto de 40 persoas participaron nas sesións, desenvolvidas na mañá de hoxe xoves 20 de febreiro no Centro Municipal de Servizos Sociais de Vilaboa.
O seminario, titulado "Manexo dos trastornos de personalidade polos servizos profesionais de proximidade: estratexias e casos", abordou as diferentes técnicas e situacións que se dan neste tipo de patoloxías. A iniciativa tivo unha especial relevancia xa que, unha porcentaxe importante dos usuarios dos servizos públicos de proximidade, ten diagnosticada algunha patoloxía deste tipo.
O seminario foi impartido por Chus Bello Souto, coordinadora e psicóloga da Asociación TP Galicia. Así, os asistentes puideron recibir pautas e estratexias para atender as situacións máis complicadas de trastornos de personalidade.
O Concello de Culleredo conta cun convenio de colaboración, desde o ano 2013, coa asociación para poder levar a cabo acciones sobre a patoloxía no municipio.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER