O Concello envía ao Plan de Illamento Acústico unha lista de correccións a efectuar na lista de afectados

O Concello de Culleredo prosegue co seu papel de apoio aos veciños incluídos no Plan de Illamento Acústico do aeroporto de Alvedro. O goberno local decidiu adoptar un "rol activo" no proceso, servindo como referencia para os propietarios afectados, para así acelerar e asegurar o correcto procedemento ao máximo, apunta o alcalde, Julio Sacristán.

Nas reunións que convocou o Concello cos veciños, ás que asistiron máis de 300 propietarios e representantes de comunidades de edificios, o alcalde e o primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo, ademais de ofrecer toda a información do proceso, tiveron coñecemento de diferentes erros na listaxe de inmobles incluídos nesta segunda fase.

O Concello solicitou todas as incorrecciones detectadas, incluíndo dos inmobles que si quedan dentro da envolvente, pero que non figuraban na listaxe desta segunda fase. Así, o goberno local remitiu unha listaxe cunhas 150 correccións nos domicilios e con 30 inmobles a incorporar ao Plan.

Esta celeridade en confeccionar e enviar este informe mereceu o agradecemento da oficina de xestión do Plan de Illamento Acústico. Coa información enviada, a oficina revisará o censo e remitirá de novo a carta a aqueles residentes que non a recibiron.

Ademais, os xestores do Plan informaron ao Concello de que xa comezaron a recibir solicitudes por parte dos veciños. A medida que as reciban, procederán á súa revisión e, cun número mínimo de expedientes, empezar as medicións por orde de entrada das peticións na oficina.

Os afectados dispoñen na páxina web municipal da información sobre a documentación que deben achegar para formar parte do proceso, así como dos pasos do procedemento.

O Concello aclara, tras recibir as preguntas de varios residentes en pisos, que nos casos de edificios só é necesario o certificado do inmoble de que é anterior ao 4 de outubro de 2010, non de cada unha das vivendas que o conforman. Así mesmo, coa licenza de obras é suficiente, xa exime de ter que pedir o certificado.

O goberno local continuará exercendo a súa función de apoiar as necesidades que teñan os veciños para que a insonorización das súas vivendas cumpra a Declaración de Impacto Ambiental e minimizar as molestias.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina