O Concello de Culleredo, consciente do esforzo económico que supón para os veciños facer fronte á factura de electricidade, propúxose apoiar aos cidadáns cunha iniciativa para que traten de reducir este importante gasto doméstico.
Para iso, o goberno municipal, a través da Concellaría de Sanidade, organiza, xunto coa Asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros (ADICAE), un taller baixo o título de "Coñece a túa factura eléctrica e aprende a reducila".
A actividade, que se enmarca no convenio de colaboración que o Concello ten con ADICAE desde o ano 2013, ten como finalidade a prevención da denominada exclusión enerxética na que se poidan atopar familias cullerdenses.
Ademais, ofrecerase orientación aos asistentes para reducir os seus gastos enerxéticos na vivenda, constituíndo unha medida máis de aforro doméstico.
A iniciativa terá lugar o día 27 de febreiro no Pazo de Vila Melania ás 19.30 horas, e será impartida por Verónica Pazos, técnica de consumo da asociación. Ten un carácter aberto e gratuíto.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER