O goberno de Culleredo apunta aos parques infantís como unha das infraestruturas a dedicar maiores esforzos. O Concello busca dotalos das mellores condicións, ao tratarse de espazos que proporcionan calidade de vida e benestar aos veciños.
Entre 2013 e 2014, o Concello sumará un total de 12 actuacións nestas infraestruturas. O equipo de goberno incluíu neste plan os parques máis concorridos e aqueles con maior urxencia de mellora.
En 2014, o goberno municipal impulsará un ambicioso plan para cubrir parques infantís, unha instalación que será nova na comarca. Os espazos elixidos para dotalos de cuberta serán os seguintes:
O obxectivo destas actuacións, que responden a peticións veciñais, consiste en alargar o uso dos parques. O investimento, a cargo dos orzamentos municipais, roldará os 257.000 euros. O Concello xa tramita a contratación da redacción do proxecto e execución dos traballos, cuxa licitación será inminente.
Outra das principais necesidades dos parques localízase na dotación de chan que incremente a seguridade para os pequenos. O Concello colocará chan de caucho que evita as acumulacións de auga nos seguintes parques:
Será unha das actuacións que levará a cabo dentro do plan DTC 93, cofinanciado pola Deputación da Coruña. Neste caso, o investimento alcanzará os 63.000 euros.
En 2013, o Concello levou a cabo varias melloras nos parques infantís do municipio. O parque infantil da praza da Liberdade de Tarrío xa ofrece unha renovada imaxe, cun chan de cores, de caucho, que incrementa a seguridade que ofrecía a area anterior.
O Concello impulsou as obras a petición dos veciños da zona. Non en balde trátase do principal lugar da contorna que ofrece xogos infantís, polo que é utilizado moi a miúdo por moitas familias. A realización deste proxecto contou cun orzamento de preto de 10.000 euros, con financiamento da Deputación da Coruña.
O núcleo de Boedo tamén estreou parque infantil, repoñendo o servizo que daba o anterior, anulado polas obras da AVE.
Ademais, o Concello efectuou distintas melloras e reparacións nos parques a petición dos usuarios. Na praza de Europa colocáronse dous xogos novos e no parque do paseo marítimo de Fonteculler mellorouse a tirolina.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER